Ir al contenido principal

Entradas

Destacados

Robótica e EF

 Quero facer unha mención especial este curso á robótica. Ámbito que dende todas as áreas estivemos artellando como a podíamos aplicar. Dende Educación Física traballamos a lateralidade e o espazo para o alumnado de Educación Infantil. Creamos un taboleiro cunha cartolina e fixemos unha planilla de 10x10 cm cada cadrado cun rotulador. Logo plastificamos os debuxos de materias de EF que tiñamos xa impresos (canastras, balóns, porterías, conos...).  A actividade consistiu en que o alumnado tiña que guiar o robot escornabot polos diferentes cadrados, emparellando os materiais. Empregamos o botón do escornabot para darlle as diferentes ordes: dereita, esquerda, adiante, atrás e ok. Foi unha actividades moi novedosa e motivante!!! Que ben o pasamos! 

Entradas más recientes

Piragüismo Dragons

LANZAMENTO DE PESO, DISCO E ARO

O DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

VOLEIBOL